Val do Fragoso

Fit-Dance

As clases de Fit Dance englóbanse dentro da disciplina fitness. Por medio dunha serie de rutinas de baile na que predominan os movementos aerobios, e mediante o uso de música de diversos estilos, (tanto pop, como latina, tanto actuais como retro) mantemos o corpo activo ao longo dos 60 minutos que duran as sesións.

A finalidade das clases de Fit Dance é mellorar a tonificación muscular, a resistencia física, a elasticidade e mellorar o estado anímico e mental dos asistentes.

De xeito individual cada participante escolle a intensidade que desexa aplicar na execución das rutinas e coreografías. Isto implica que as aulas poden ser de baixo ou alto impacto dependendo de cada alumno. O obxectivo final é sentirse ben co propio corpo, independentemente da idade ou condición física, manterse activos e liberar estrés.

¿Quieres aprender Fit-dance?

Rellena el formulario y contactaremos contigo a la mayor brevedad para empezar a disfrutar de la música con nosotros.